O Auditorio Manuel María acolle mañá, venres, a segunda proxección de Cine Club Carballiño correspondente ao presente mes de outubro. Trátase de “Volveréis”, a última película dun dos directores habituais nas sesións da entidade, Jonás Trueba, unha comedia dramática que nos conta a historia dunha parella, Ale e Alex, que despois de 15 anos xuntos, teñen unha idea que podería semellar absurda: organizar unha festa para celebrar a súa ruptura. Este anuncio deixa perplexos aos seus seres queridos, pero eles mantéñense firmes na decisión de se separar, ou tamén pode que non. Un filme sobre a fin do amor, que foi loubada pola crítica unánimemente como a mellor película de Jonás Trueba, na que volve a contar cos seus actores habituais, Vito Sanz e Itsaso Arana, que ademais firman o guión xunto co director. No pasadoFestival de Cannes, “Volveréis” foi a gañadora do Premio á Mellor Película europea. Os pases, mañá no Auditorio, serán coma sempre ás 8 da tarde e ás 10,30 da noite, ambos en castelán.
Cine Club proxecta mañá VOLVERÉIS, a mellor película europea no Festival de Cannes
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















