Ribeiro en Común demanda investimentos para as Termas de Prexigueiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Ribeiro en Común de Ribadavia volta a reivindicar que se adopten medidas por parte da Alcaldía para buscar unha solución a situación do Padroado, xa que leva demasiado tempo paralizado e sen convocarse. Consideran que a Alcaldía debe exercer a súa responsabilidade de presidencia do Padroado, e que “se existen problemas dentro da Asociación veciñal, debe intervir e mediar, non é admisible que continúe mirando para outro lado como se o problema non fora con él”. Por este motivo, e despois de telo pedido con anterioridade sen que o alcalde fixera nada, Ribeiro en Común demanda a través dunha moción que se reactive o padroado termal de Prexigueiro, e buscar unha solución de mutuo acordo entre as partes.

Por outra banda, a tramitación dunha senda peonil, anunciada fai anos e comezada no anterior mandato, cuxa redacción realizou a Deputación (Inorde), continúa necesitada dun investimento maior e real, máis ambicioso, según apuntan dende esta formación políticoa. Neste sentido, solicitan que desde o Concello de Ribadavia “se lle demande á Deputación provincial a aprobación e aumento dun investimento maior para a súa realización completa, dende a vila ata as Termas de Prexigueiro”. Ribeiro en Común entende que “a Deputación debe colaborar con Ribadavia dotando a este proxecto dun investimento real, como mínimo igual que acaba de facer no municipio de Pereiro de Aguiar, na área recreativa de Cachamuíña”.