Javier Solana analiza na casa do pobo provincial a actualidade xeopolítica internacional, nun novo parladoiro organizado polo Psdeg-Psoe de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un parladoiro no que se debateu sobre a actualidade política internacional e no que houbo gran participación por parte do público para coñecer a experiencia de Solana, cuestionarlle sobre temas de transcendencia xeopolítica ou debater sobre cuestións de actualidade

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Executiva Provincial agradeceu a presenza dos asistentes e de Javier Solana, destacando que “é un luxo para Ourense e para o PSdeG-PSOE provincial contar cunha figura tan destacada a nivel nacional e internacional e coñecer polo miúdo a xeopolítica mundial”

Ourense, 24 de xaneiro de 2025. A Casa do Pobo provincial do PSdeG-PSOE de Ourense acolleu este venres un novo parladoiro do ciclo de actos que as e os socialistas están organizando para revitalizar a súa sede e convertela nun espazo de debate e diálogo aberto á cidadanía. Nesta ocasión tratouse dun encontro telemático, no que participou Javier Solana, actual presidente de EsadeGeo e que no seu momento foi secretario xeral da OTAN, Alto Representante para a Política Exterior e a Seguridade Común da Unión Europea ou Ministro de Cultura, Educación e Ciencia e Asuntos Exteriores.

Un parladoiro no que se debateu sobre a actualidade política internacional e no que houbo gran participación por parte do público para coñecer a experiencia de Javier Solana, cuestionarlle sobre temas de vital transcendencia xeopolítica ou debater sobre cuestións de actualidade. Foron ducias de persoas, ademais de cargos orgánicos do partido, as que se achegaron ata a Casa do Pobo para seguir dende aló o encontro telemático.

Javier Solana comezou falando do actual panorama xeopolítico internacional, facendo fincapé na situación que se vive en países como China, Rusia ou Estados Unidos. Tamén profundou nos diferentes conflitos que se viven no mundo, destacando a guerra en Ucraína ou o conflito palestino-israelí. Sobre este último fixo alusión a que “o recoñecemento do Estado palestino é imprescindible, aínda que sexa un proceso difícil e no que Europa debe xogar un papel importante”.

As e os asistentes tamén quixeron coñecer o seu papel como secretario xeral da OTAN, que coincidiu coa Guerra nos Balcáns e que finalmente acabaría coa separación final de Yugoslavia en varios países. Houbo tempo tamén para falar da súa experiencia como Alto Representante da Unión Europea e o papel da mesma na xeopolítica mundial.

Dende a Executiva Provincial agradeceron a presenza das persoas que asistiron o acto e de Javier Solana, destacando que “é un luxo para Ourense e para o PSdeG-PSOE provincial contar cunha figura tan destacada a nivel nacional e internacional e coñecer máis polo miúdo a xeopolítica mundial”. As e os socialistas animan tamén á cidadanía de Ourense a “participar en vindeiros actos que se celebrarán na Casa do Pobo, polo seu interese e co obxectivo de que poidan interactuar e debater sobre temas de actualidade”.