Este vindeiro sábado 15 a partir das 12 da mañá estará con nós QUICO.
Traeranos unha proposta única e intransferible…. 5 VERSOS SOLTOS PARA ARGALLAR UN POEMA.

Todo editado e numerado. Nunha edición única pensada e feita para ese día e para ese momento.
Estará acompañado por ANTÍA NOGUEIRA e MARÍA VILAS.
Falarán… Debullarán… Convidarán… Calarán… Escoitarán…
E aínda haberá algunha que outra sorpresa máis… Talvez, como di o QUICO… En formato de ver e escoitar… Algo que se achegua a iso que chaman cine!