Participa na manifestación convocada por Queremos Galego

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lingua Vital Xa!

Domingo 23 de febreiro.

Saída da Alameda de Santiago ás 12h.

Vía Galega fai un chamamento  a participar, o 23 de febreiro, na manifestación   que convoca a Plataforma Queremos Galego, da que Vía Galega fai parte, en defensa do noso idioma, para transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora, reclamando Lingua Vital Xa!

Igual que Rosalía inaugurou o rexurdir da lingua galega na literatura, tamén o pobo galego temos a obriga de mobilizarnos polo rexurdir da nosa lingua, no día que se celebra o aniversario do nacemento da nosa poeta nacional.

 A Praza do Obradoiro ten que ser o clamor multitudinario, esixindo  unha Galiza en galego

Nota: Se precisas transporte, podes anotarte nos autobuses que Queremos Galego pon a disposición en cada comarca do país

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------