Espazo Común recurre a suba do 35% no recibo da auga que foi aprobada polo goberno do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común vai recurrir o incremento dun 35% no recibo por consumo de auga domiciliaria, que foi aprobada na última sesión plenaria da Corporación do Carballiño polos votos maioritarios do equipo de goberno integrado por PSOE e Partido Popular. Dende esta formación política da oposición sublíñase que “a excusa foi que se van acometer por parte da empresa adxudicataria numerosas obras de mellora de infraestruturas relacionadas con este particular por un importe duns 7 millóns de euros. Pero nin tan xiquera valoraron outra opción que non fose repercutir direitamente estes sobrecustos nas economías dos cidadáns”.

Dende Espazo Comùn apuntan que “segue adiante o desbaraxuste do proceso de adxudicación do contrato do servizo da auga no Concello”, e que “o xeito de xestionar este procedemento, o máis caro da historia deste municipio, evidencia as enormes carencias dun equipo de goberno que se move a tumbos e que lonxe de resolver os problemas dos cidadáns están por converterse no seu principal problema”.

Por todo elo, anuncian a presentación de “unha alegación demandando a paralización desta suba desorbitada, e que se faga unha solicitude formal a Augas de Galicia, órgano da Xunta creado para estes casos, para que dende ese organismo asuman os custos de mellora infraestrutural aforrando así cargarllo no recibo aos usuarios”. “Isto sería o lóxico e non o novo atraco contra os petos dos veciños que queren perpetrar PP e PSOE”, conclúen.