Afundación, ABANCA e o Concello de Allariz asinan un convenio para expoñer «Castelao grafista (facsímile)»

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

I No marco da conmemoración no 2025 do Ano Castelao, Afundación homenaxea o insigne intelectual e político rianxeiro con esta mostra, incluída no seu programa «Corrente cultural», desenvolvido en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos galegos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I A mostra poderase visitar desde o vindeiro 3 de abril ata o 2 de maio na Casa da Cultura de Allariz

27.03.2025. O Concello de Allariz, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, rubricaron esta mañá, na Casa do Concello da localidade, un acordo de colaboración para expoñer a mostra «Castelao grafista (facsímile)». Ao acto asistiron Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

As imaxes da sinatura están dispoñibles aquí.

A exposición «Castelao grafista (facsímile)» poderase visitar desde o 3 de abril ata o 2 de maio, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.30 h.

No marco da conmemoración no 2025 do Ano Castelao, Afundación homenaxea o insigne intelectual e político rianxeiro con esta mostra, incluída no seu programa «Corrente cultural», desenvolvido en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos galegos.

A EXPOSICIÓN «CASTELAO GRAFISTA (FACSÍMILE)»

A exposición, que conta con pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao rematou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A derradeira leición do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de Estado de 1936.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.