- O presidente provincial, Luis Menor, lembrou que as cantareiras son as “herdeiras das “Cantigas de Amigo”, protexendo o galego de maneira anónima e mesmo invisible, sendo quen quen de transmitir o folclore galego co paso dos anos.
- Pola súa parte, a presidenta da Xestora Local da cidade de Ourense, Ana Méndez, puxo en valor o legado das cantareiras homenaxeadas por “transmitir xeración tras xeración a esencia da nosa cultura e da nosa lingua”
- O presidente de Novas Xeracións da cidade de Ourense, Manuel Novoa, sinalou o orgullo que sente a mocidade de formar parte dun proxecto político comprometido coa cultura e tamén puxo en valor o papel da música tradicional entre a xente nova
16, maio, 2025. O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde, nos Xardíns Padre Feijóo da cidade, un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado ás cantareiras e á poesía oral popular. En consonancia coa dedicatoria, o acto incluíu a actuación dun grupo de cantareiras, que interpretaron pezas da tradición oral galega.
No acto, o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, lembrou que as cantareiras son herdeiras das “Cantigas de Amigo” medievais. A lingua galega viviu anos de represión, onde o idioma quedou relegado únicamente ao aspecto oral, e pese a isto, aínda forman parte da nosa identidade. “As Cantareiras custodiaron e protexeron o noso gran tesouro: a lingua galega, e esta labor fixérona de maneira anónima e mesmo invisible pero foron quen de transmitir o folclore galego co paso dos anos”.
Neste senso, Luis Menor recalcou que desde o PP de Ourense, “co noso humilde “serán”, sumámonos a ritmo de pandeiretas a esta celebración tan significativa e sentida do gran tesouro inmaterial que nos une como pobo: as nosas Letras Galegas”.
Pola súa parte, a presidenta da Xestora Local da cidade de Ourense, Ana Méndez, puxo en valor o legado de Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos e as Pandeireteiras de Mens, as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025: “Este ano ten un significado especial, pois está dedicado ás cantareiras, esas mulleres que, coa súa voz, mantiveron viva a nosa poesía oral popular. Elas transmitiron xeración tras xeración a esencia da nosa cultura e da nosa lingua, e foron e seguen sendo un símbolo de identidade”.
Ana Méndez subliñou tamén o compromiso do Partido Popular coa identidade e a cultura galegas: “A nosa lingua, a nosa identidade e as nosas raíces sempre terán cabida, e manteremos o compromiso de promovelas e transmitilas ás novas xeracións”.
Por outra banda, o presidente de Novas Xeracións da cidade de Ourense, Manuel Novoa, sinalou o orgullo que sente a mocidade de formar parte dun proxecto político comprometido coa cultura: “Temos que estar orgullosos de pertencer ao partido ao que pertencemos. Porque, dígase claro: nesta cidade, sen o Partido Popular de Ourense non habería cultura. A Miteu, o OUFF ou o propio Día das Letras Galegas tamén son a cultura que queremos os mozos e mozas desta cidade”.
Manuel Novoa tamén puxo en valor o papel da música tradicional entre a xente nova: “Temos tradición, temos creatividade e temos futuro. E desde Novas Xeracións e o Partido Popular, seguiremos apostando por unha Galicia orgullosa das súas raíces, moderna, viva e chea de talento”.