Shado El Mago presenta hoxe sábado, no Auditorio do Carballiño o seu espectáculo “Cleptómago”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa cultural do Concello do Carballiño para o mes de maio inclúe a actuación, mañá sábado, día 24, do artista Shado El Mago, que presentará o seu espectáculo “Cleptómago” a partir das 18,30 horas no Auditorio Manuel María da nosa vila. As entradas, a un prezo de 15€, pódense adquirir na plataforma woutick.es.

“Cleptómago” é un espectáculo de maxia extremadamente divertido no que o público será partícipe constantemente. Shado é un mago cunha personalidade canalla que fará sentirse ao público coma nunha xuntanza de amigos no teatro, o mesmo que fixo ao gañarse ao xurado do concurso ‘Got Talent’ e ser recordado coma o mago máis mítico e cunha carreira máis dilatada dende a súa aparición neste programa de Mediaset.

O prato forte do espectáculo é o ‘pickpocket’, unha arte pouco coñecida no país, e onde Shado demostra unha gran habilidade roubando obxectos dos voluntarios á vista dos espectadores. Ilusións únicas que suporán un reto para os máis escépticos e que deixarán ao público coas ganas de descubrir ónde está o truco.