Presentación que tera lugar no espazo OZOCOgz o sábado 7 de xuño a partir das 12:30 do mediodía.
Será o Vermú – presentación do libro A CULPA FOI DE ZËNZAR. 35 ANOS DE ROCK EN GALEGO. Na presentación acompañaranos Laura Romero, autora do libro e membro do grupo.
Ao remate da presentación ficas convidada, ficas convidado a un vermú Povarelo.
Laura Romero
Laura Romero, autora do libro ‘A culpa foi de Zënzar’: “Esta obra é unha homenaxe para resgardar a contracultura e o papel que tivo Zënzar nela” O icónico grupo cercedés festexa os seus 36 anos de historia con A culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego (Autoeditado, 2024), un libro ilustrado a modo de fanzine que recolle a traxectoria do grupo e do movemento contracultural do rock desde os anos 70 até a época actual. Nel, a baixista da agrupación e tamén ilustradora, Laura Romero (Alacant, País Valencià, 1991), achega a historia da música underground a través dos testemuños da propia banda e de persoas que gardaron unha estreita relación con ela. (información obtida en Nós Diario)