Manuel Rivas e Alberto Pombo reciben mañá en Moldes o premio ‘Antón Losada Diéguez’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pazo familiar de Moldes voltará mañá a acoller a entrega do ‘Premio Antón Losada Diéguez’ a Manuel Rivas e Alberto Pombo nesta 40º edición, que tamén coincide cos 40 anos do pasamento do historiador e arqueólogo Manuel Chamoso Lamas, nado na devandita localidade do municipio de Boborás.

COMERCIAL ORCELLÓN

O acto comenzará ao mediodía, se ben previamente, ás 11,00 horas, terá lugar a celebración eucarística e ofrenda floral na igrexa románica de San Mamede de Moldes, declarada Monumento de Interese Artístico Nacional dende o ano 1947, precisamente por intersección de Manuel Chamoso Lamas, en cuxo interior repousan os restos de Antón Losada Diéguez e, nun panteón do exterior, os de Manuel Chamoso Lamas. O Concello do Carballiño, institución a quen lle corresponde este ano a organización do evento, ven de designar ao xornalista e escritor Carlos Rodríguez Calvo, presidente do Centro de Estudios que leva o nome do arqueólogo de Moldes, como mantedor do acto.

Nesta edición do Premio Antón Losada Diéguez, os galardoados son, na modalidade de creación literaria, o escritor Manuel Rivas pola novela “Tras do ceo”, e na modalidade de investigación e ensaio, o profesor de literatura Alberto Pombo pola obra “Verso e acorde. Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000)”. No caso de Manuel Rivas dase a circunstancia de que será a segunda vez que recolla este premio, pois xa o recibira no ano 2007 pola novela “Os libros arden mal”. Hai que salientar ademais que a novela gañadora desta corenta edición do Premio Antón Losada na versión en castelán “Detrás del cielo” obtivo o Premio Nacional das Letras Españolas 2024.

Os premios, que contan co patrocinio dos concellos do Carballiño e Boborás, encargándose alternativamente da súa organización, así como da Deputación Provincial de Ourense, consisten nunha peza escultórica do artista ourensán Aciclo Manzano e teñen unha dotación económica de 6.000 euros en cada modalidade.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------