A Área de Educación do Concello do Carballiño, coa colaboración do centro Top Academy Pitufiños, poñen en marcha para os vindeiros meses de xullo e agosto unha iniciativa para que estudantes de ESO e de Bacharelato poidan mergullarse na lingua de Shakespeare dun xeito ameno e divertido.
A Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación deste ‘English Club Carballiño’, coa asistencia da concelleira de Educación, Lorena Castro, e a directora da academia, María Jesús Martínez. As clases están dirixidas a mozas e mozos, empadroados no municipio, de entre 12 e 17 anos e extenderanse do 1 de xullo ao 31 de agosto nas dependencias de Top Academy, de luns a xoves e en horario de 10,00 a 14,00 horas.
María Jesús Martínez indicou que “estableceremos grupos de 15 persoas por hora e cada participante poderá elexir un máximo de tres horas á semana, e as actividades estarán centradas en escribir sobre temas de actualidade e manter conversacions sobre as vivencias de cada un, para que sexan desenfadadas e divertidas”. Os estudantes interesados poden inscribirse na APP do Concello do Carballiño.