Video da sesión plenaria onde sae elexido como Alcalde Pachi Vázquez
Hoxe cúmprense tres décadas dun fito na historia política de Carballiño: a constitución da primeira corporación municipal de esquerdas tras as eleccións locais de 1995. Aquel goberno, formado por unha coalición entre o PSOE (7 concelleiros) e o BNG (3 concelleiros), marcou un antes e despois na xestión do municipio.
Para conmemorar este aniversario, onte celebrouse un emotivo encontro en forma de comida que reuniu a boa parte dos protagonistas daquela lexislatura. Polo PSOE asistiron Pachi Vázquez, Alfonso Prado, Paco Gómez, Anxo Santomil e Elisa Domínguez, mentres que polo BNG estiveron presentes Chema Ferreiro e Manuel Amil. Ana Fumega, tamén parte daquel equipo, non puido acudir por motivos persoais.
O reencontro estivo cargado de nostalxia e recoñecemento cara a dúas figuras crave xa desaparecidas: Roberto Fernández e Edelmiro Mateo, cuxas contribucións foron lembradas con agarimo e respecto.
Nun ambiente distendido e cunha sobremesa prolongada, os asistentes repasaron centos de anécdotas daqueles catro anos de goberno, destacando os logros alcanzados e o espírito de colaboración que primou naquela etapa.
Tres décadas despois, o acto non só serviu para rememorar o pasado, senón tamén para reivindicar o legado dunha coalición que transformou Carballiño e sentou as bases de proxectos que aínda perduran. Unha xusta homenaxe a quen escribiu unha páxina fundamental na historia local.



CANDIDATURAS :









