A Deputación ofrece na Feira do Libro as súas publicacións, nas que se inclúe unha nova obra: “La arquitectura del Renacimiento en Ourense”, de Yolanda Barriocanal López

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A institución provincial vén de editar esta nova obra dentro do seu Plan de Publicacións: “La arquitectura del Renacimiento en Ourense”, da profesora da Facultade de Historia Yolanda Barriocanal López

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación estará na Feira do Libro cunha caseta onde se poderán consultar moitas das publicacións da institución

Ourense, 18 de xuño de 2025.

A Deputación de Ourense participa na Feira do Libro cunha caseta informativa na o que o público poderá consultar moitas das publicacións da institución provincial e explicarase, a quen se achegue a este espazo, como se pode acceder á web de publicacións da institución provincial e como comprar por ela. Durante a feira poderanse adquirir os libros da Deputación, co desconto da feira, en calquera das librerías que participan no evento.

A Deputación vén de editar unha nova obra dentro do seu Plan de Publicacións: “La arquitectura del Renacimiento en Ourense”, de Yolanda Barriocanal López, que é profesora na área de Historia da Arte na Facultade de Historia, Universidade de Vigo, Campus de Ourense, onde desde 1990 desenvolve o seu labor docente e investigador.

A autora dedícase fundamentalmente ao estudo da arte de Galicia, con numerosos traballos presentados en xornadas, seminarios e congresos nacionais e internacionais. Foi membro da Comisión do Patrimonio Histórico de Ourense, actuou como Comisaria en diversas exposicións e foi Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma 2023 do Concello de Ferrol, no ámbito de Artes e Humanidades.

Arquitectura a través dos mestres da cantería

A obra editada pola Deputación está referida á arquitectura do Renacemento en Ourense ao longo do século XVI e primeiras décadas do XVII. Explicada a través dos mestres de cantería, procedentes das rexións próximas (Asturias, Cantabria e Portugal) e dos canteiros ourensáns que traballaron nese momento nos mosteiros benedictinos da provincia: Celanova e Ribas de Sil e tamén nos cistercienses: Melón, Montederramo, Oseira, San Clodio e Xunqueira de Espadañedo. En todos eles déronse cita algúns dos máis experimentados mestres do momento para dirixir as súas obras, renovar e ampliar os seus vellos e maltreitos edificios.

Reconstrúe tamén no libro a imaxe urbana de Ourense no século XVI, a través dos seus edificios e da catedral e a ponte sobre o Miño, que esa época moderna foron obxecto de constantes intervencións, moitas veces por parte dos mesmos mestres que se ocupaban das obras monásticas.