10.600 persoas apoian o cambio na lei do menor para que os delitos non sexan inimputables

Cristina Martín, a irmá de Nuria, a moza que foi agredida fai un mes no Carballiño por un amigo, lanzou unha petición na plataforma change.org, na que pide apoio a través da sinatura para que se modifique total ou parcialmente a lei que fai ós menores de 14 anos inimputables dos delitos cometidos. Máis de 10.600 persoas amosaron o seu apoio anisando esta petición, unha cifra que sorprende pero que ó mesmo tempo correspóndese ca repercusión mediática que tivo este suceso.

A moza atópase aínda na UCI, con graves lesións, pero loitando pola súa vida. A súa familia segura que a súa recuperación é case coma un milagre, dadas as lesións que presentaba, e amosan confianza.

AVANTAR ACTIVIDADES

https://www.change.org/p/mi-hermana-est%C3%A1-en-la-uci-por-una-agresi%C3%B3n-no-m%C3%A1s-menores-inimputables-luchemospornuria/u/29701687?recruiter=432924922&utm_source=share_update&utm_medium=facebook&utm_campaign=facebook