DNA. NATALIA GONZÁLEZ BENÉITEZ, voceira do grupo municipal do PSdeG-PSOE do Concello de Ourense, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO MUNICIPAL Á REDACCIÓN E EXECUCIÓN DUN PROXECTO DE REMODELACIÓN INTEGRAL DO PARQUE DA ALAMEDA DO BARRIO DE A PONTE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O 18 de xullo de 1968 inaugurábase o Parque da Alameda de A Ponte, entre a Avenida de Santiago, Avenida das Caldas, rúa Vicente Risco e Francisca Herrera, no barrio de A Ponte. O novo parque nacía do aproveitamento do solar que anteriormente ocupaba a segunda estación ferroviaria do Concello de Canedo e que naquel momento levaba anos sen uso.
Este espazo verde de forma rectangular, a excepción dunha parte semicircular, conta cunha superficie de máis de 3.300 metros cuadrados e debaixo del atopamos diversos establecementos comerciais e locais municipais. Conta cunha parte superior no lateral que dá cara a rúa Vicente Risco e está rodeado no restante de vivendas particulares.
No Parque da Ponte destaca a fonte luminosa do seu estanque que ten 3 fervenzas a distinto nivel polas que circula a auga. Complétano un par de zonas infantís, unha de aparatos biosaudables, e bancos e mesas situados baixo a súa extensa masa arbórea.
57 anos despois da súa inauguración, o estado actual do parque é de abandono e falta de mantemento: xogos infantís moi deteriorados, papeleiras rotas, proliferación de maleza en certas zonas, fonte sucia e sen funcionamento e entorno cheo de pintadas e descoidado.
Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que o parque máis histórico e emblemático do barrio de A Ponte, un lugar de encontro interxeracional para pontinos e pontinas e veciñanza de Ourense, merece unha actuación importante que mude a súa faciana por
completo, non parches ou apaños que non solucionan absolutamente nada, como foi o realizado pola Xunta de Galicia durante o mandato de Jesús Vázquez.
Por todo o exposto, presentamos neste Pleno para a súa aprobación o seguinte ACORDO: