Dous viños da Adega Pazo Tizón gañan unha medalla de ouro e outra de prata no ‘Concours Mondial de Bruxelles 2025’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu un total de 13 galardóns tras a publicación dos resultados do concurso internacional de viños “Concours Mondial de Bruxelles”, unha competición cuxa sesión de cata de viños brancos e tintos tivo lugar do 10 ao 12 de xuño en Yinchuan (Ningxia) China. Entre as adegas premiadas destaca a de Pazo Tizón, ubicada na localidade de Moldes, no municipio de Boborás, que conqueríu dúas medallas, unha de ouro e outra de prata.

COMERCIAL ORCELLÓN

As adegas da D.O. Ribeiro recolleron un total de 13 medallas. Catro distincións de ouro recaeron nos viños Adega do Moucho 2021 de Francisco García Pérez, Pazo Tizón Cuvée 2022 de Pazo Tizón, S.L.U., Ramón do Casar Treixadura 2024 e Ramón do Casar Lento 2021, ambos de Adega Ramón do Casar.

As nove medallas de prata foron para os viños Cunqueiro III Milenium 2024 de Adegas Cunqueiro S.L., Cuñas Davia A Xiada 2024 de Adegas Valdavia; Gran Leiriña 2024, Juan Míguez O Godello 2024, ambos de Adegas Ou’Ventosela; Pazo Tizón 2023 de Pazo Tizón, S.L.U., Ramón do Casar Varietal 2024 Adega Ramón do Casar, Saramusa 2024 de Iván Vázquez Pateiro, Terra Minei 2024 de Francisco Fernández Sousa e Torre do Oliveiral Expresión 2024 de Adegas Pazo do Mar S.L.

A presidenta do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, ante estes bós resultados comentou que “un ano máis, seguimos recibindo boas noticias nos concursos internacionais, feito que confirma o bo traballo de viticultores e adegas, o que sitúa a esta Denominación de Orixe na cima da excelencia”.

O ‘Concours Mondial de Bruxelles’, creado en 1994, é unha referencia nos concursos internacionais de viños. Desde 2006 viaxou a numerosas cidades como Lisboa, Bordeus, Valladolid, Valencia, Luxemburgo, Guimaraes, Bratistlava, Aigle, Pequín, Porec, Guanajuato e Brno.

Durante a competición abríronse máis de 10.000 botellas de todo o mundo en tres días. Os viños premiados son seleccionados con integridade por profesionais pola súa calidade, expresión e equilibrio. Este ano, 375 catadores de renome, de 56 nacionalidades diferentes, estiveron presentes en Yinchuan, na rexión de Ningxia (China), para participar nas catas a cegas, con 7.165 viños procedentes de 49 nacionalidades.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------