O carballiñés Roberto Pascual vicedirector da Esad

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nomeada a nova Dirección da ESAD de Galicia. Daniel G. Salgado será o novo
director da ESAD, cun equipo conformado pola dramaturga e actriz Vanesa
Sotelo na Xefatura de Estudos, a actriz Noelia Blanco na Secretaría académica e o
xestor cultural e dramaturgo Roberto Pascual na Vicedirección.

Cando a ESAD celebra o seu 20º aniversario, comeza unha nova etapa de oportunidades
cunha directiva composta, por vez primeira na súa historia, por profesorado do propio centro,
logo das dúas comisións de servizos dos anteriores directores, Manuel F. Vieites durante 16
anos e Roberto Relova nos últimos 4, a quen é preciso recoñecer a súa implicación na posta
en funcionamento, consolidación e progreso deste centro, único en Galicia.
A nova directiva da ESAD de Galicia, que xa comezou a traballar nas súas respectivas
responsabilidades, estará marcada polos tres grandes obxectivos que marcaron o proxecto de
Dirección presentado por Daniel G. Salgado: 1. A mellora da xestión e da calidade educativa,

COMERCIAL ORCELLÓN
  1. O impulso e acompañamento da transición á vida activa do alumnado e 3. O reforzo da
    difusión e as relacións externas do centro e a participación.
    Este novo período da escola que xa deu os seus bos froitos e evidencias de gran calidade
    artística do seu alumnado titulado nas tres especialidades de Dirección escénica e
    Dramaturxia, Interpretación e Escenografía, integrado en notables proxectos escénicos e
    audiovisuais ou iniciativas propias no ámbito da creación, a investigación ou a pedagoxía
    teatral, virá marcado pola nova normativa das ensinanzas artísticas superiores, aprobada nas
    Cortes Generales hai un ano. Esta Lei inaugura un novo ámbito normativo, que equipara
    formalmente as ensinanzas superiores de Arte Dramática á formación universitaria, regulando
    os seus estudos de grao e posgrao, así como impulsando programas de doutoramento en
    colaboración coas Universidades. A Lei concede a partir de agora maior autonomía aos
    centros, permitíndolles adoptar enfoques interdisciplinares, abrir vías de cooperación con
    outros centros, crear campus das artes ou ofertar estudos semipresenciais, virtuais ou duais.
    Os avances, que precisarán dun desenvolvemento normativo propio por parte da
    Administración galega, tamén alcanzan ao profesorado e ao alumnado. Todos eles obrigarán á
    ESADG a afrontar nos vindeiros anos un intenso período de transformación que marcará as
    futuras décadas da formación escénica galega, nas cales o centro se propón manter unha
    estreita colaboración cos organismos directamente implicados, nomeadamente coa
    Consellería de Educación e os seus centros educativos, o executivo galego, o Consello da
    Cultura Galega e o conxunto de axentes do sector cos que a escola se propón establecer
    convenios de prácticas do alumnado e enfoques estratéxicos para a mellora constante do
    tecido artístico.
    Paralelamente, este novo proxecto de dirección entende como liñas prioritarias tamén a
    mellora das instalacións, o fomento das relacións e da proxección social das actividades do
    centro na súa contorna más inmediata e a creación de iniciativas sólidas e solventes respecto
    ESADg
    á oralidade do galego, como un Laboratorio da Fala escénica e novas colaboracións con
    institucións como a RAG, o ILG, AGAPI, CDG, Escena Galega, Aaag ou o CSAG (antiga
    CRTVG), para o fomento das competencias do alumnado nesta área pedagóxica prioritaria.
    Todas estas accións e planificación será levada a cabo por un equipo sólido e moi respectado
    no ámbito académico e cultural. O Director, Daniel G. Salgado é Doutor pola Universidade
    de Vigo, cunha investigación sobre a Dirección actoral como disciplina académica. É titulado
    en Dirección escénica e Dramaturxia polo Institut del Teatre de Barcelona e traballou como
    director de escena para diversas compañías públicas e privadas, como o CDG, Sarabela
    Teatro, o TNC, etc. Desempeñou postos directivos en diferentes etapas da ESAD e ten
    publicados diversos artigos especializados e manuais como A dirección de actores na
    editorial Galaxia.
    Noelia Blanco foi alumna da ESAD de Galicia e na actualidade é profesora do
    Departamento de Interpretación. Tamén é Arquitecta técnica e posúe un Máster en Enxeñería
    da Edificación e Construcións Industriais e outro en Investigación Teatral. Ostenta a
    responsabilidade da xestión económica e académica, tarefas que compaxina coa súa
    actividade profesional como actriz, en compañías como ButacaZero, Inherente Teatro, etc.
    Vanesa Sotelo é xornalista e Titulada Superior en Arte Dramática, recibou diversos premios
    polo seu traballo como dramaturga (Premio María Casares por A lúa vai encuberta ou Unha
    inimiga do pobo, Premio Abrente por Campo de covardes, Premio Mondoñedo 10 por Nome:
    Bonita, Premi Josep Robrenyo por Memoria do incendio, etc.). Colaboradora en diversos
    medios sobre temas escénicos (Artezblai, Revista Galega de Teatro, Nós Diario, etc.) e
    colaboradora en varios proxectos teatrais en Portugal (Casa da Esquina de Coimbra, Teatro
    Art’Imagem da Maia, etc.)
    Roberto Pascual é Doutor en Estudos da Literatura e da Cultura pola USC, foi Director
    Artístico da MIT de Ribadavia dende 2009 a 2024, membro do Consejo Artístico do INAEMMinisterio
    de Cultura, do Consello da Cultura Galega e colaborador como divulgador ou
    xestor cultural en diversos medios e organismos como a Radio Galega, a Deputación da
    Coruña, a TVG, a Universidade Complutense ou o Instituto Cervantes. Como creador, gañou
    o XX Premio Rafael Dieste en 2021 e participou en diversos foros internacionais das Artes
    Escénicas.
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------