O Concello do Carballiño amplía a 10 parroquias e 14 núcleos de poboación as alegacións contra a instalación dos tendidos de alta tensión

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Carballiño vén de ampliar a tres parroquias máis e a sete novos núcleos de poboación as alegacións contra os proxectos de liñas de alta tensión que pasan polo término municipal e que servirá para a evacuación da enerxía producida polos novos parque eólicos.

COMERCIAL ORCELLÓN

Así, ás parroquias de Seoane, Arcos, A Piteira, Mudelos e Madarnás se suman as de Cabanelas, Banga e o Barón. En total, estamos a falar de 10 parroquias e 14 núcleos de poboación: Viñoa, Casares O Souto, Banga, O Cruceiro, Cima de Vila, O Campo, O Pazo, Mouriz, A Granxa, Saa, Seoane, A Bubela, Paciños e A Eirexa.

O goberno local do Carballiño da cumplimento así ao acordo previo que acadou coa veciñanza das parroquias e núcleos afectados e tamén á declaración institucional aprobada por unanimidade no pleno do pasado mes de xuño.

A través de cinco alegacións o Concello argumenta o rexeitamento total ao anteproxecto presentado por consideralo nocivo no ámbito da saúde, do patrimonio natural e arqueolóxico o no seu enorme impacto visual. Ademais de presentar as alegacións, tamén asesorará aos veciños na defensa dos seus intereses, tal e como se aprobou na última sesión plenaria a través dunha declaración institucional proposta polo goberno local e que foi apoiada por todos os grupos.

En canto ás alegacións presentadas, na primeira cuestiónase a xustificación do trazado e a non observancia das recomendacións e solucións legais tendentes a afastar os parques eólicos e as liñas de distribución dos núcleos de poboación.

Na segunda pídese un estudo hidrolóxico que determine o alcance da infraestrutura sobre os recursos hídricos nas diferentes zonas polas que transcorre, mentres que na terceira se recualifica o impacto sobre a vexetación a vexetación e o hábitat da zona, onde ademais se elimina unha superficie considerable de masa forestal, de “severo” en lugar de moderado, que é como aparece reflectido no proxecto.

Na cuarta alegación denúnciase a ausencia dun apartado dentro do anteproxecto relativo aos elementos do patrimonio cultural e na quinta e última, proponse o soterramento de toda a liña ao seu paso polo Concello do Carballiño.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------