Un ano máis volve o cine ao aire libre ao barrio de Flores cunha nova edición de ‘Flores de Cine’, que vai contar unha vez máis coa colaboración da Filmoteca de Galicia. O ciclo comezará o martes día 15 de xullo coa proxección de “Tralas luces”, película de Sandra Sánchez, e que é unha das nosas películas favoritas do cinema galego de tódolos tempos. O filme sigue a vida de Lourdes, que vai de feira en feira coa súa familia e os seu negocio de coches de choque. Cine puro e elegante que entende o oficio máis como unha búsqueda que como a consecución dun obxectivo previamente establecido. Unha auténtica delicia.
O programa continuará o mércores, día 16, con “Rock bottom”, que estivo nominado á mellor filme de animación nos pasados Premios Goya. Inspirada na vida de Robert Wyatt, músico británico que fundou a banda ‘Soft Machine’. Unha pequena xoia que respira amor pola música por todos os poros.
Esta edición de ‘Flores de Cine’ pecharase o xoves, día 17, con “La marsellesa de los borrachos”, tamén de 2024, de Pablo Gil, que se basea nun feito histórico, a visita en 1961 dun grupo de antropólogos italianos para recoller cancións populares antifranquistas. Sesenta anos despois, a través de Emilio Jona, un dos viaxeiros daquela, recupérase a historia e os materiais sonoros daquela aventura.
Todas as proxeccións serán no barrio de Flores, a carón da ‘Bodega’, ás 22,30 horas, con entrada totalmente libre e de balde ata completar o aforo.