BNG OURENSE. SOLICITUDE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CONCELLO DE OURENSE
Xosé Luís Seara Fernández, en calidade de Concelleiro-Portavoz do Grupo municipal do BNG
no Concello de Ourense, comparece e
EXPÓN
- Que recentemente vén de crearse unha Plataforma en defensa do tren na Gudiña como
consecuencia da supresión de varios servizos diario, causando un grave prexuízo ás usuarias
e usuarios. Os alcaldes, as asociacións e a veciñanza que integra a mesma, mantéñense
firmes na defensa das súas reivindicacións, baseadas fundamentalmente en recuperar as
frecuencias que existían antes do recorte, nomeadamente o mantemento dos trens de
primeira hora da mañá e de última hora da tarde en ambos sentidos de circulación. Trens
con saída ou destino en Madrid, Ourense, Santiago de compostela, A Coruña ou Vigo.
A estación da Gudiña, ademais de ser a porta de entrada a Galiza, presta un importante
servizo ás comarcas ourensáns de valdeorras e Monterrei, por non falar do Bierzo ou mesmo
do Norte de Portugal. Estación articulada como punto de acceso á rede de alta velocidade e
que acumulou, segundo os últimos datos, máis de 40.000 usuarios e usuarias no ano 2024.
Dada a importancia que a estación da Gudiña ten para o desenvolvemento e a mobilidade na
provincia de Ourense, consideramos necesario que o Concello da capital se involucre e
amose todo o seu apoio á plataforma e ás reivindicacións lexítimas de todos os colectivos,
asociacións e institucións que a integran.
Por todo o exposto con aterioridade,
SOLICITA - Que desde o Goberno local do Concello de Ourense se impulse a redacción dunha
declaracións institucional consensuada por todos os Grupos municipais para a súa lectura no
vindeiro Pleno ordinario previsto para o venres 1 de agosto, e co obxectivo de amosar o
apoio do Concello e de toda a veciñanza de Ourense ás xustas reivindicacións da Plataforma
en defensa do tren da Gudiña.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------