Este venres na tenda OZOCOgz: Presentación do libro “O pouco tempo que nos queda”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro venres 19 de setembro ás 20:00 horas, terá lugar en Espazo OZOCOgz deseño galego (Rúa Curros Enríquez, 29 – O Carballiño) a presentación do libro “O pouco tempo que nos queda” , de Nila A. Pousa.

A autora estará acompañada por Ana Corzo, Aarón Franco e Elena Lameiro nun acto que promete ser un espazo de encontro entre a literatura e o público.

O evento está organizado por OZOCOgz, que continúa apostando pola difusión cultural e o deseño galego como punto de encontro para a creatividade.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------