Este venres (día 26) na Tenda OZOCOgz presentación do libro “Amar/Azar” do escritor e xornalista Javier Fraiz. Fará a presentación  Carlos Rodríguez Calvo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Acompañando ao autor estará unha persoa moi coñecida no Carballiño e tamén xornalista, Carlos Rodríguez Calvo, autor da novela “El hombre blanco del río Nieva” e, na actualidade, presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas do Carballiño.

O libro, localizado en Ourense, Allariz, Cea e París, reflexiona sobre a imprevisibilidade dos acontecementos catastróficos e tamén sobre os feitos máis felices.

Subliña a importancia de tratar os traumas con terapia, e fala da resistencia do amor nas situacións máis complexas; do poder do corazón ata cando rompe.

Incide na fortuna do azar, que altera o curso do tempo, que transforma nun segundo as vidas para sempre.

A novela trata temas profundos e de actualidade como a violencia machista, o terrorismo, a perda, a saúde mental, a terapia psicolóxica, así como os afectos e as relacións humanas arredor do amor e os golpes de fortuna do azar”.

Javier Fraiz (Ourense, 1986) é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde 2009 en Faro de Vigo e colaborou con varios medios de comunicación. En 2019 recibiu o premio xornalístico Xosé Aurelio Carracedo. É autor de “Abro comijazz” (Libros.com, 2020) e da novela “Morte no espello”, publicada en 2022 na colección Literaria de Galaxia. Amar / Azar, da mesma editorial, é a súa segunda obra de ficción”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------