O Rallye Ciudad de Vigo resultou ser todo un éxito para a escadra da escudería carballiñesa Clásicos Arenteiro, que tivo unha participación moi destacada na competición, ao conquerir que o equipo formado por Luciano Duarte e Begoña Alfaro cun Mini obtivera o primeiro posto nesta proba celebrada na cidade olívica.
O Rallye Ciudad de Vigo foi emocionante e desafiante para todos os equipos participantes, xa que as condicións do trazado e a competencia intensa fixeron que cada posto na clasificación fose difícil de conseguir, según apuntan dende Clásicos Arenteiro.
Ademais da vitoria de Luciano Duarte e Begoña Alfaro salientan tamén o sexto posto do equipo integrado por José Antonio González e Pablo González, que cun BMW lograron meterse no top 10 da táboa clasificatoria. Tamén son reseñables o 14º posto na clasificación dos irmáns Mais, con Ford Escort Mkll, e o 25º de Ana Alfaro e Paco Álvarez cun Seat 128.