O Auditorio do Carballiño acolle mañá unha cita con tres corais no ‘XLII Festival Galaico-Portugués de Polifonía’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño colabora no ‘XLII Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral’, unha das citas musicais máis esperadas do outono no municipio. A cita terá lugar mañá, sábado 27 de setembro, sobre o escenario do Auditorio Manuel María, no que actuarán a partir das 20,00 horas a Coral Polifónica Casino do Carballiño (organizadora do evento), así como as dúas agrupacións convidadas: Coro Vales Mahia (Bandeira, Silleda) e Coro Mesao en Canto (Mesón Frío, Portugal). A entrada é totalmente libre e gratuíta.

O festival contará con dous andamentos: Iacobus, adicado ao Camiño de Santiago e ás súas músicas relixiosas e profanas, e Pangea. “O segundo andamento aborda o concepto da música como elemento integrador, cando escoitamos a calquera músico de calquera sitio do mundo, a nosa imaxinación viaxa sen movernos do noso sofá. Queremos poñer en valor que é moito máis o que nos une que o que nos separa”, segundo explicou o director da Coral Polifónica, Jaime González Pichel.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------