O programa de Atención Porta a Porta chegou xa a 10.000 galegos, entre eles da nosa contorna

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta atendeu a 10.000 persoas de 150 concellos de Galicia desde que hai tres meses retomou o programa de Atención Porta la Porta. A iniciativa ofrece atención gratuíta de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos maiores de 55 anos anos de idade, pasando xa por algúns concellos da contorna, como San Amaro ou Castrelo de Miño, e outros moitos polos que aínda pasará nas próximas semanas.

Fabiola García reafirmou o compromiso do Goberno galego de seguir ofrecendo cada vez máis servizos ó lado dos lugares onde viven as persoas maiores porque é o que prefiren cando se lles pregunta onde queren ser atendidos. O programa de Coidados Porta a Porta ten oito unidades móbiles que visitarán todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para reservar cita pódese facer no teléfono 622 748 283 ou 623 546 922, ou no correo coidadosportaaporta.politicasocial@xuntal.gal.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------