Nunha fresca pero solleira mañá de domingl, a capital do Ribeiro acolleu a celebración dunha nova edición do ‘Día da Bici’, unha oportunidade para desfrutar e compartir con veciños, familiares e amigos do deporte das dúas rodas e de coñecer a contorna do municipio de Ribadavia.
A saída tivo lugar ás 11,00 h dende a Praza Maior e xa dende unha hora antes, a organización procedía á entrega de camisetas e mochilas concmemorativas aos primeiros 200 inscritos. O percorrido era prácticamente chan, cun itinerario que primeiro levou aos participantes ata a localidade de Francelos para logo visitar á de San Cristovo antes de regresar ao punto de partida.
Unha vez chegaron ao centro da vila tódolos ciclistas, o Concello de Ribadavia, promotor deste ’29º Día da Bici’, sorteu dúas bicicletas entre tódolos inscritos ao fin de animar á práctica desta modalidade deportiva e hábitos saudables.