Un curso axudará en Ribadavia a utilizar a intelixencia artificial para a mellora dos proxectos profesionais

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Ribadavia lembra que mañá, día 9 de outubro, ás 11,00 horas, remata o prazo de inscrición para aprender a aplicar a intelixencia artificial co curso “YoConecto L.4”, pensado para persoas entre 18 e 59 anos que queiran descubrir cómo esta ferramenta dixital pode mellorar os seus proxectos profesionais.

O programa desenvolverase presencialmente na aula Cemit da Casa da Cultura de Ribadavia os días 27, 28 e 29 de outubro, en horario de 16,30 a 19,30 horas, e o 30 de outubro de 16,30 a 20,00 horas.

As persoas interesadas en inscribirse poden enviar un correo electrónico á dirección casacultura@ribadavia.es antes das 11,00 horas de mañá, mércores día 9, incluíndo nome e apelidos, data de nacemento e idade, teléfono e correo electrónico de contacto.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------