O grupo Badius representa “O parvo” este sábado no Auditorio na Mostra de Teatro Amador do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Continúa con boa asistencia de público a XVIII Mostra de Teatro Amador ‘Terras do Orcellón que organiza Tiruleque Grupo de Teatro e conta coa colaboración do Concello do Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense.

Así, este vindeiro sábado, 11 de outubro, acudirá ao Carballiño o grupo de teatro Badius, de Baio-Zas, para presentar a comedia “O parvo”. “Convidar a cear pode parecer un detalle bonito e ata desinteresado. Pero se as invitacións son como as de Pedro Brandoñas, a cousa cambia. Os problemas van vir cando o convidado, Francisco Piñeiro, que en principio parecía un pouco … parvo, comeza a enlear as cousas dunha maneira que a saber cómo rematará todo”, según o argumento.

A función, cunha duración de 90 minutos, terá lugar no Auditorio Manuel María, ás 20,00 horas, e o prezo da entrada é de 5 euros.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------