Colmenero destacou o orgullo e a emoción de servir ao seu concello desde o BNG que conta cun proxecto de concello que continúa mellorando cada día
Vilar de Santos, 27 de outubro de 2025. O alcalde de Vilar de Santos, Rubén Colmenero, do Bloque Nacionalista Galego (BNG), presentou a súa dimisión por motivos “persoais e urxentes” incompatibles coa dirección do concello.
Rubén Colmenero sinalou que esta decisión responde a un cambio de etapa persoal e vital, e manifestou que deixa a alcaldía “cun fondo agradecemento e coa emoción de quen marcha sabendo que fixo todo o posible por mellorar o seu concello e servir á veciñanza de Vilar de Santos”
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Desde o equipo de goberno do BNG de Vilar de Santos expresáronlle o seu respecto pola decisión do actual alcalde, mostrando o seu desexo de éxitos nos seguintes pasos do ata agora rexedor.
Desde o BNG tamén trasladaron o agradecemento de toda a militancia polo traballo e o compromiso de Rubén Colmenero, pola súa dedicación, polo tempo e esforzo entregados ao BNG, así como pola súa entrega ao concello e ao servizo da veciñanza de Vilar de Santos
Foi o propio Colmenero quen comunicou que o BNG de Vilar de Santos iniciou o procedemento pertinente para garantir a continuidade do proxecto nacionalista do concello, mantendo o protagonsimo absoluto na veciñanza, e a aposta social como bandeira do futuro inmediato de Vilar de Santos
O obxectivo do BNG segue sendo o mesmo: traballar con responsabilidade e proximidade pola mellora da calidade de vida da veciñanza de Vilar de Santos e polo avance do noso concello.

















