Este venres as 19:30 h en Ribadavia conferencia ao redor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Castelao, Figura Universal, protagonista dunha conferencia en Ribadavia

Ribadavia, 3 de novembro de 2025 – O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o próximo venres 7 de novembro de 2025 ás 19:30 horas unha conferencia ao redor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos personaxes máis relevantes da cultura galega.

Baixo o título “Castelao, Figura Universal”, o relatorio correrá a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane, actual Presidente da Fundación Castelao, quen profundará na vida, obra e legado do polifacético artista, escritor e político.

Este acto, de entrada libre ata completar aforo, está organizado polo Museo Etnolóxico de Ribadavia, que continúa así co seu labor de divulgación cultural e posta en valor das figuras crave da identidade galega.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A conferencia supón unha oportunidade excepcional para achegarse á dimensión humana e intelectual de Castelao, da man dun dos seus maiores estudosos.


  • Evento: Conferencia “Castelao, Figura Universal”
  • Relator: D. Miguel Anxo Seixas Seoane (Presidente da Fundación Castelao)
  • Data: Venres, 7 de novembro de 2025
  • Hora: 19:30 horas
  • Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia
  • Organiza: Museo Etnolóxico de Ribadavia
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------