Cine Club ofrece este venres a película “Romería” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño proxectará o vindeiro venres, 7 de novembro, a última película de Carla Simón, “Romería”, coa que a directora pecha a triloxía sobre a súa propia vida e as súas lembranzas. Marina viaxa a Vigo para coñecer a familia do seu pai biolóxico, que morreu de sida, igual cá súa nai, cando ela era nena. A través dos encontros cos seus tíos, tías e avós, a rapaza intenta reconstruír o relato dos seus pais, pero todos senten demasiada vergoña sobre os conflitos de drogas da parella, algo que Marina lles recorda coa súa presenza.

O filme estivo nominado á Palma de Ouro no Festival de Cannes, e esta a obter dende a súa estrea o aplauso tanto de público como de crítica especializada. Unha historia emotiva e conmovedora que a directora afronta dende un punto novedoso na súa filmografía, afastándose en parte do seu naturalismo habitual.

Os pases serán no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20,00 e ás 22,30 horas en castelán.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------