A Deputación trae ao Teatro Principal o Festival Voces Femininas, que cumpre a maioría de idade con actuacións de Raposa, Katherine Priddy e Laaza

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O certame, que leva 18 anos poñendo en valor a mulleres artistas no panorama nacional e internacional, foi presentado hoxe e desenvolverase o 28 de novembro

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, recalcou a “aposta directa pola calidade artística”

Ourense, 25 de novembro de 2025.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Teatro Principal acollerá o vindeiro 28 de novembro ás 20.00 horas o festival Voces Femininas, un certame que leva 18 edicións apostando polas artistas mulleres, nun formato innovador e reforzado nos últimos anos con figuras de talla internacional, tal e como explicou na presentación o vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández.

Fernández expresou os seus parabéns á organización e puxo en valor a “aposta directa pola calidade artística” dende a Deputación de Ourense. Tamén convidou ao público a desfrutar dunha “oportunidade única” cun festival “de referencia en Galicia”.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Eduardo Romero, de Coconut Producciones, fixo un repaso da traxectoria do festival, destacando a axuda da Deputación para sacar adiante 18 edicións. “”Son artistas de primeiro nivel”, apuntou sobre o programa.

O cartel deste ano de Voces Femininas está conformado por Katherine Priddy, unha das voces máis cautivadoras da nova escena británica; Raposa, proposta de María Villanueva con arranxos de Rubén Abad, na que explora paisaxes sonoros que abrazan a música clásica, o jazz, o pop ou a canción protesta e Laaza, a iniciativa da barcelonesa Laura Aznar que mestura pop alternativo, xota e electrónica minimalista. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------