Sobre a ampliación do Parque Empresarial Carballiño-Maside: “MÁIS CLARO, AUGA”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este artígo foi elaborado pola SECCIÓN DE MEDIO AMBIENTE do “CENTRO DE ESTUDIOS CHAMOSO LAMAS”

O Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta emitiu unha nota de prensa, o pasado 18 de novembro, que titulaba “A XUNTA DÁ LUZ VERDE CON CONDICIÓNS A AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL CARBALLIÑO-MASIDE”. Posteriormente, o órgano ambiental fixo público o preceptivo informe ambiental estratéxico no que resolve que non se prevé que o Plan teña efectos ambientais adversos significativos SE SE ATENDE A CINCO CONDICIÓNS.

Entre as cinco condicións do informe ambiental estratéxico daXunta figura a seguinte: “no que respecta ao abastecemento, deberá garantirse previamente a dispoñibilidade de recursos hídricos suficientes mediante a autorización da ampliación da concesión de auga existente…”, ampliación que xa tiña sido solicitada con anterioridade pola Mancomunidade O Carballiño – Maside (BOE 25.04.2025), ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (en diante a Confederación Hidrográfica).

Deste xeito, a Xunta supedita a autorización do Polígono Industrial á aprobación da autorización da ampliación da concesión de auga existente de recursos hídricos suficientes, é dicir,á resolución que adopte a Confederación Hidrográfica. Polo tanto, polo momento, o Polígono Industrial non conta coas autorizacións medioambientais necesarias para ter “luz verde”. MÁIS CLARO, AUGA.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Agora ben, para clarificar esta situación, entendemos que é necesario non deixar de insistir na análise do comportamento hidrolóxico do río Arenteiro. Porén, para evitar unha reiteración canseira farémolo mostrando a síntese de media ducia de parámetros objetivos de carácter científico:

  • Os veráns en O Carballiño son extremadamente secos, con meses de xullo e agosto de cero precipitacións (Datos da Estación Meteorolóxica do IES Chamoso Lamas).
  • Nos últimos quince anos, do ano 2010 ao ano 2024, o caudal que mantén a vida piscícola que de maneira natural no Río Arenteiro, así como a súa vexetación de ribeira (caudal ecolóxico), durante o mes de setembro, non foi alcanzado en nove dos anos (Datos do Plan PHMS 2022-2027 e elaboración propia).
  • Nalgúns días do mes de agosto o caudal do río Arenteiro non superou os 0,056 m3/s (23/08/17) ou os 0,06 m3/s (20/09/13 e 19/08/22) (Datos da Estación de aforos da Confederación Hidrográfica).
  • O cóctel de temperaturas elevadas e exceso de extracción de auga, orixinan estados de graves de contaminación do Río provocado por un exceso de nutrientes, principalmente nitróxeno e fósforo, que producen un crecemento masivo de algas (eutrofización).
  • Segundo a propia Confederación Hidrográfica “As Unidades de Demanda Urbana de Avión, Carballiño e Salvaterra, presentan problemas de subministración xeneralizada durante os meses de verán…” (Anexo IV do PHMS 2022-2027).
  • Nos últimos cinco anos produciuse unha importante deterioración na capacidade do sistema de subministración de auga de boca do Carballiño, feito que se manifiesta especialmente durante os meses de verán (Instrución de Planificación Hidrolóxica da Confederación Hidrográfica).

Nestas circunstancias, non cabe dúbida de queo pronunciamento FAVORABLE da Confederación Hidrográfica á autorización da ampliación da concesión de auga xera un impacto excesivo sobre o recurso hídrico,que son os termos que utilizou a propia Confederación na súa resposta as consultas realizadaspola Xunta, nin tampoco de que compromete o bo estado ecolóxico do Río Arenteiro e o abastecemento de auga á poboación, nas expresións usadas pola Xunta, polo que debe ser rexeitado. MÁIS CLARO, AUGA.

Sobre esta cuestión convén recordar dúas consideracións importantes. Por unha banda, que a propia doutrina da Confederación Hidrográfica establece que “Previamente ao outorgamento de calquera nova concesión, a Confederación Hidrográfica analizará a súa compatibilidade co plan hidrolóxico, valorando entre outros aspectos a necesidade de respectar os réximes de caudais ecolóxicos fixados no plan. Se non é posible acreditar esa compatibilidade a concesión non será outorgada” (Apéndice 14. Integración da declaración ambiental estratéxica do PHMS 2022-2027).

Por outra banda, tamén cabe lembrar unha recente sentenza (00313/2025 do 11.07.2025) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se ordena “adoptar inmediatamente cantas medidas sexan necesarias para garantir o abastecemento de auga… a fin de devolverlles (as persoas) o pleno goce do seu dereito humano á auga”. MÁIS CLARO, AUGA.

Polo contrario, o pronunciamento DESFAVORABLE da Confederación Hidrográfica á autorización da ampliación da concesión de auga de recursos hídricos suficientes invalidaría a resolución do informe ambiental estratéxico da Xunta, e en consecuencia sería de aplicación o artígo 31.2 da Ley 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, a saber:

a) O plan ou programa debe someterse a unha avaliación ambiental estratéxica ordinaria porque pode ter efectos significativos sobre o ambiente.

Esta decisión notificarase ao promotor … para que elabore o estudo ambiental estratéxico e continúe coa tramitación prevista nos artigos 21 e seguintes.

Nin que dicir ten, que este é o pronunciamento máis adecuado, tanto desde o punto de vista científico como normativo. MÁIS CLARO, AUGA.

Por último, a transparencia cotiá nunha administración con empatía social debe permitir aos ciudadans coñecer cómo se toman as decisión, sexa cal for o sentido das resolucións. E decir, a Confederación Hidrográfica debe dar a coñecer os informes técnicos nos que se sustenta a xustificación hidrolóxica da súa resolución sobre a autorización da ampliación da concesión de auga para garantir o mantemento da vida piscícola e a vexetación de ribeira de maneira natural no Río Arenteiro, así como, para manter a seguridade hídrica para o abastecemento da poboación de O Carballiño. MÁIS CLARO, AUGA.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------