A A.VV. de Señorín presentará o vindeiro sábado nunha asamblea aberta a súa nova xunta directiva

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Toda a veciñanza da parroquia de Señorín está convidada a asistir, o vindeiro sábado, a unha xuntanza aberta que terá lugar no local social a partir das 19,00 horas e na que se fará a presentación da nova xunta directiva da Asociación de Veciños.

O obxectivo desta reunión é dar a coñecer o programa de traballo e o proxecto de futuro que os integrantes da renovada dirección do colectivo desexan para Señorín, ademais de “compartir ideas, iniciativas e liñas de traballo para impulsar a vida social, cultural e comunitaria do pobo, fomentando a participación activa da veciñanza”, apuntan.

Por todo elo, pregan que a participación, colaboración e compromiso da veciñanza nesta xuntanza sexa óptima, “pois só coa implicación de todas e todos é posible construír un Señorín máis vivo, unido e con futuro, porque en cada casa hai unha historia, en cada historia hai unha familia e unha veciña e un veciño que quere un Señorín mellor”, conclúen os convocantes.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Señorín é, xunto a Arcos e Mesego, unha das parroquias con máis poboación do municipio do Carballiño, aproximándose aos 500 habitantes, que se agrupan nos cinco núcleos de Centeás, A Pena, Señorín, O Tellado e O Torrón, ademáis de acoller na súa demarcación infraestruturas de titularidade pública importantes como o Centro de Saúde, a Administración de Facenda e o IES Nº 1.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------