Os amigos de Marcos Valcárcel homenaxean ao intelectual que deu nome ao centro cultural da Deputación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xente da cultura que tivo relación co historiador e xornalista ourensán leron textos do autor nun acto de lembranza, quince anos despois do seu falecemento

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no evento

Ourense, 12 de decembro de 2025.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel, dependente da Deputación de Ourense, homenaxeou ao historiador e xornalista ourensán que lle dá nome a este espazo cultural de referencia na cidade e na provincia. “Quince anos sen Marcos Valcárcel” foi o título da xornada de lembranza entre amigos e xente da cultura que tivo relación con este intelectual, cando se cumpren tres lustros do seu falecemento.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no acto no que varias persoas que tiveron relación con Valcárcel leron textos dedicados ao historiador ourensán, a maioría deles poesías.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O acto traduciuse nunha breve lembranza persoal dende a amizade, con intervencións de autores como Afonso Vázquez Monxardín ou Xosé Lois Carrión. Ademais, tamén houbo representación da familia do homenaxeado, coa participación de Fiz Valrcárcel, irmán do falecido.

O grupo de música Brasas puxo o broche de ouro á xornada, na que Marcos Valcárcel se converteu nun elemento básico de encontro, poñendo en valor o carácter afable e de consenso que caracterizou ao intelectual ourensán.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------