Obradoiro de manualidades, panxoliñas do pai, o apalpador e a nena sen medo e moitas sorpresas no festival de nadal 2025 en Sandiás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado venres, 19 de Decembro dende as 17.30 h ata ás 19.00 h no Local Social e no Salón de Actos do Concello a festa para os máis cativos estivo protagonizada polos máis pequenos do Punto de Infantil (PAI) en compañía das familias coa colaboración da AMPA e do Concello.

Ademáis dun creativo obradoiro de manualidades de Nadal (bolas de neve, guirnaldas, adornos con pasta modelar), e panxoliñas preparadas polos cativ@s do PAI e a presenza do Papa Noel con sorpresas para a cativada, animou o ambiente un precioso contancontos con teatro de monicreques “O Apalpador e a nena sen medo” do grupo A Xanela do Maxin que foi de moito gusto do público asistente.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha boa maneira de comezar as festas do Nadal con alegría, boa compaña, tecendo comunidade e tomando uns petiscos no Local Social.

 Grazas por participar e crear ambiente de Nadal no Concello.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------