Bailar e chocar as manciñas como unha pantalla, pasmar ante as vestimentas de cores e sorpresa ao escoitar o son do bombo: o pai de Sandiás de visita no museo do entroido e na escola de música da Limia
O pasado venres 30 de xaneiro, dentro do programa de actividades do PAI, levouse a cabo a visita ao Museo Galego do Entroido (MUGAE) en Xinzo de Limia e a Escola de Música da Limia (ESMULI).
No Museo foron recibidos polo Concelleiro de Cultura, Carlos Carlos Gomez Salgado Vedmar . E logo da man de Carlos o coordinador das visita do Museo, fíxemos un bonito percorrido por as estancias do Museo adaptandose moi ben ás crianzas para que non se lle fixera moi longo e a súa vez os familiares dos nenos e nenas tamen puideron aprender cousiñas acerca das tradicións e mascaradas dos diferentes Entroidos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Ao chegar a sala principal ollamos o montón de traxes tradicionais de diferentes Entroidos de Galicia, sobre todo da provincia de Ourense. Naquela sala os máis pequenos enchéronse de ledicia, estaban asombrados ao ver todas aquelas vestimentas de tantos cores e houbo algunha cariña de pequeno susto ao ver aquelas máscaras. Emocionante foi cando viron dúas pantallas no centro da inmensa sala, algún empezou a bailar e chocar as súas manciñas como se fóra unha pantalla en pequeniño. Que gusto velos!
A continuación fomos a ESMULI, e da man de Celia (profesora de violín) e Nico (profesor de percusión) e Irin a mascota da Escola, un pequeno clarinete, recibironnos cunha bonita mostra de instrumentos de percusión ( triángulos, djembe, timbales, platillos, bombo, maracas, batería, tambor, etc). Primeiro, Nico foinos tocando e dicindo o nome de cada instrumento e logo os pequenos puideron manipulalos e escoitar o son de cada instrumento cada vez que lle daban un golpe. Cantas risas se reflexaban nas súas cariñas ao escoitar os sons de cada instrumento!! O que máis lles gustou foi o bombo.
A continuación os profesores deleitáronnos cunha bonita composición no que os pequenos estiveron súper atentos e para poñer o broche final a esta marabillosa tarde, tivemos unha sorpresiña: unha deliciosa merenda. Gracias a José Luís José Luis Tielas Santiago , director da ESMULI por colaborar con esta proposta na Escola de Música e a Nico e a Celia pola actividade e a Shaila pola sorpresa da merendiña.
Os primeiros anos de vida o cerebro está cheo de conexións. A música acompaña este proceso de forma natural e placenteira e axuda ao desenvolvemento emocional, linguaxe e comunicación, memoria e atención. Desenvolve a afectividade e favorece a creatividade o disfrute e o gusto pola música nun futuro, que son obxectivos xerais que traballamos ao longo de todo ano na nosa escola.

















