O Concello do Carballiño formaliza o convite á presidenta do Parlamento Europeo á ‘LXIV Festa do Pulpo’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O concelleiro de Turismo e Industria do Carballiño, Manuel Dacal, vén de enviar a invitación formal a Roberta Metsola, presidenta do Parlamento Europeo, a participar na ‘LXIV Festa do Pulpo’ xunto co seu equipo de cociña. “Esperamos que veñan para degustar o verdadeiro pulpo e para coñecer a historia e importante tradición detrás da elaboración do prato”, apunta Dacal.

O edil decidiu convidar a Metsola despois de coñecer a confusión do equipo de cociña do Parlamento coa receita de “Pulpo á Galega”, que actualmente se está servindo con aneis de luras, patacas guisadas e brócoli. “Pensamos que a mellor forma de solucionar este erro é convidándoos a visitar a nosa vila na Festa do Pulpo”, explica o concelleiro, quen se compromete a acompañar a Metsola e ao seu equipo durante a visita ao Carballiño para que coñezan, da mans das pulpeiras, o proceso de elaboración do prato.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cabe destacar que a pasada edición da Festa do Pulpo, declarada de Interese Turístico Internacional en 2022, estivo dedicada a Noventa Padovana, unha vila italiana próxima a Venecia onde tamén celebran a súa propia Fiera del Folpo. “Os italianos quedaron encantados co noso pulpo e coa historia centenaria das nosas pulpeiras. Oxalá este ano poidamos dar a coñecer a nosa gastronomía á presidenta do Parlamento Europeo”, engade Dacal.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------