A Concellería de Educación do Carballiño organiza unha charla sobre os efectos do gas radón na poboación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Educación, organiza unha charla sobre gas radón impartida por Alberto Ruano, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A sesión, dirixida especialmente á comunidade educativa do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Carballiño, terá lugar no salón de actos do IES Nº1 o próximo martes 24 de febreiro ás 20,00 horas.

Alberto Ruano conta cunha longa traxectoria de investigación sobre os efectos na saúde do gas radón. Actualmente, coordina o grupo de referencia competitiva ESPASS, da USC, e a sección de epidemiología do Grupo Español de Cancro de Pulmón. Ademais, ten participado en numerosos proxectos a nivel nacional e internacional, tanto con institucións públicas como privadas. As súas investigacións están centradas na epidemioloxía de enfermidades respiratorias, no radon residencial e na mala conducta cientifíca.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na charla, abordará o impacto do radon na saúde, ademais de responder as dúbidas e inquedanzas da poboación. “Aínda que a sesión esté dirixida especialmente a profesorado, familias e alumnado do CMUS, pode achegarse toda persoa que estea interesada na materia”, detalla Lorena Castro, concelleira de Educación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------