O BNG considera que o orzamento “non aborda ningún dos problemas máis importantes que padece Ribadavia”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ribadavia valora “negativamente” o orzamento municipal para este ano, que foi aprobado na sesión plenaria celebrada pola Corporación o pasado xoves, 26 de febreiro. Así, a formación nacionalista amosou no Pleno a súa postura crítica coas partidas orzamentarias presentadas polo equipo de goberno do Partido Popular, ao entender que “non abordan ningún dos problemas máis importantes que padece Ribadavia”.

Neste sentido, as concelleiras do BNG incidiron “na importancia do control de gastos e saneamento das contas do Concello, tal e como se recolle no informe de intervención, e na necesidade de revisar contratos de servizos e subministracións para acadar mellores prezos”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais, entre outros temas, “lamentan que non se prevean investimentos para unha nova captación de auga, despois das crises acontecidas nos últimos anos, ou para problemas críticos como son a vivenda e o emprego, e se sigan gastando partidas importantes en festas e propaganda”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------