O IES Chamoso Lamas fixo entrega da cesta con produtos da Praza de Abastos sorteada polos estudantes

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

José Manuel Pérez foi o veciño do Carballiño que resultou agraciado coa cesta con produtos da Praza de Abastos da vila, que sortearon estudantes do IES Chamoso Lamas co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso que están a preparar para o fin de curso.

O propio director do centro de ensino, Aurelio Rodríguez, foi o encargado de facer a entrega do agasallo, nun acto celebrado esta mañá no interior do mercado carballiñés, e agradeceu a colaboración que prestan os praceiros dende hai catro anos que xurdeu esta iniciativa para poder axudar ao alumnado a organizar as súas actividades de lecer.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Pola súa banda, Eligio González, como voceiro dos comerciantes da Praza de Abastos, salientou a calidade e prezo dos produtos frescos e de proximidade que alí teñen á disposición da cidadanía, e que este tipo de colaboración “pon en valor o noso sector primario”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os estudantes de 2º, 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato foron os promotores da venda de rifas para o sorteo, e teñen previsto viaxar a Cantabria, Barcelona, Valencia e París, según avanzou Aurelio Rodríguez.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------