O IES Nº1 do Carballiño foi seleccionado no programa piloto de mediación escolar: “Acordamos ConVivir”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O IES Nº1 do Carballiño participou na convocatoria do programa piloto de mediación escolar “Acordamos ConVivir”, dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2025-2026, ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Unha vez rematado o proceso de selección, e segundo a Resolución definitiva do 27 de febreiro de 2026, o IES Nº1 do Carballiño foi seleccionado para formar parte deste programa piloto, xunto con outros 19 centros de toda Galicia, quedando excluídos un elevado número de centros que tamén presentaron a súa solicitude.

RESOLUCIÓN CA RELACIÓN DE CENTROS SELECCIONADOS:

PREMER NA IMAXE:

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O programa “Acordamos ConVivir” ten como finalidade fomentar a convivencia positiva nos centros educativos a través da mediación escolar, promovendo a resolución pacífica de conflitos e a participación activa da comunidade educativa. Entre as actuacións previstas, os centros seleccionados participarán en obradoiros de mediación para o alumnado, así como en accións formativas dirixidas ao profesorado e ás familias.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A selección do IES Nº1 supón un recoñecemento ao interese e ao compromiso do centro coa mellora da convivencia e coa implantación de estratexias innovadoras neste eido, así como unha oportunidade para seguir avanzando na formación da nosa comunidade educativa en valores de respecto, diálogo e non violencia.

Reconocese o traballo realizado polos equipos docentes e directivos que fixeron posible esta participación, e animase a toda a comunidade educativa a implicarse activamente no desenvolvemento do programa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------