Este sábado (día 21) na Tenda OZOCOgz Día da Poesía

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Día da Poesía no Espazo OZOCOgz

O vindeiro sábado, 21 de marzo, celebrase o Día da Poesía cunha sesión vermú literaria no Espazo OZOCOgz (deseño galego), situado na Rúa Curros Enríquez, 29, no Carballiño.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cita será ás 12:30 h e contaran coa participación das Comadres das Letras, que recitarán poemas do seu libro «Cereixas roubadas», unha obra colectiva. Tamén se presentará «Os pozos elegantes das clavículas», de María Álvarez Landesa.

Participarán nesta xornada:

  • Marisa Vidal
  • Marta Abal
  • Ana Barja
  • Chus Prol
  • María A. Landesa
  • Nela Valado
  • Eva Teixeiro
  • Flora Miranda
  • Marga Castro
  • Carmen Villar

Se o tempo o permite, desfrutarase da actividade no exterior.

Acompáñanos a celebrar a poesía!

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------