A militancia ven de escoller a Manuel Chan Muñoz nunha asemblea extraordinaria este venres, 27 de marzo, poñendo así punto final ao proceso comezado o día 17. A este proceso electoral presentouse unha única candidatura.
A elección do candidato entre a militancia ven a cumprir así o acordado polo Consello Nacional do BNG do pasado mes de novembro no que respecta á elección de candidatos en cidades e vilas grandes.
Este proceso terá continuidade coa elección posterior e por tramos das e dos seguintes candidatos aos comicios municipais.
Trala súa elección, Manuel Chan, comunicoulle á militancia ser consciente da responsabilidade que supón encabezar a candidatura da segunda forza política da Galiza na vila na que naceu e na que leva transcorrido toda a súa vida, asegurando estar preparado para o reto que isto supón.
Lembrou tamén que ser candidato é tan só unha das pezas do proxecto que significa o BNG, un proxecto colectivo onde non teñen cabida personalismos nin individualismos. Todos debemos vogar na mesma dirección para conseguir o maior apoio á nosa organización, para que a veciñanza do Carballiño vexa no BNG unha alternativa seria e rigorosa capaz de sacar o noso concello da parálise actual, provocada por políticas baseadas tan só en proxeccións persoais que só atenden intereses privados en lugar de orientarse á mellora da calidade de vida das e dos veciños do Carballiño.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Rematou lembrando que o BNG, a diferenza do aplicado na actualidade polos gobernantes do noso concello, pon sempre no centro ás persoas traendo políticas de progreso e avances alí onde está, como se pode comprobar naqueles concellos onde temos oportunidade de executalas.
O Carballiño a 27 de Marzo de 2026
















