O Concello do Carballiño, por medio da Concellería de Medio Ambiente e Termalismo, vén de recomendar á cidadanía sobre a necesidade de evitar tirar ao inodoro determinados desbotables de celulosa, non só polo seu efecto bloqueante nas canalizacións da rede de saneamento senón tamén polos danos que este tipo de produtos causa no medio ambiente.
A concelleira responsable deste departamento, Elvira Torres, advirte que a práctica -ás veces, habitual- de tirar toalliñas ou elementos semellantes nos inodoros das vivendas, “que non son biodegradables e provocan que as tuberías da rede do alcantarillado se saturen de xeito que, nos casos de fortes precipitacións, éstas se desborden e saian ao exterior polos aliviadoiros nas rúas ou expulsados polos tanques de tormentas cara o propio río Arenteiro”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Precisamente, tra-los fortes temporais de choiva que se viñeron sucedendo durante os últimos meses, o aspecto que presentan as beiras do cauce fluvial é lamentable, cun número importante deste tipo de refugallos, principalmente toalliñas, na herba, plantas e incluso árbores, “co conseguite dano que este tipo de materiais causa na paisaxe e no propio medio ambiente”, apunta Elvira Torres.
En consecuencia, a concelleira de Medio Ambiente recomenda á veciñanza que “depositen as toalliñas nas bolsas que teñen destinadas ao lixo nos seus domicilios e que non as tiren ao inodoro, para evitar estes danos ao medio ambiente, é responsabilidade de todos”.
















