O pasado xoves comezou o festival ‘Ribadavia Máxica’, con propostas como a de Meiga Belmonte, o espectáculo infantil “Hocus Pocus” do Mago Paco e a maxia de preto de José Rivera. O venres foi a quenda dos obradoiros para público infantil, a maxia familiar con Joshua Kenneth e a Gala Talento Máxico, que reuníu a novos talentos do ilusionismo. A xornada pechouse coa Maxia Golfa dos Magos de Garda.
O sábado tivo lugar unha intensa xornada con experiencias máxicas ambientadas, a Gran Gala de Maxia na Casa da Cultura —un dos pratos fortes do festival— e sesións de maxia golfa ademais das experiencias máxicas de Ollivanders en diferentes quendas durante todo o día na Igrexa da Madalena. Mañá, domingo 5, pecharase o evento con novas experiencias máxicas, actividades gastronómicas como o “cocido máxico” e unha conferencia especializada a cargo do mago Carlos Rubio.
Ademais, durante toda esta fin de semana hai animación nas rúas coa presenza dos Magos de Garda e espazos participativos como o ‘photocall’ máxico, reforzando o carácter aberto e inclusivo do festival.
Maika del Monte, unha das responsables de ‘Ribadavia Máxica’, falounos dos obradoiros e doutras propostas da organización para estas datas de lecer na capital do Ribeiro.















