O BNG alédase de que o Concello recupere 1,4 millóns da subvención da Praza de Abastos nº 1 pero lembra que 2,3 están perdidos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Grupo municipal do BNG destaca que a sentenza da Audiencia Nacional evidencia que todo o procedemento baixo as Alcaldías de Jesús Vázquez e Pérez Jácome foi un “auténtico desproposito” e insta ao Ministerio “a non recorrer o fallo”

Ourense, 09 de abril de 2026. Logo de coñecerse a sentenza ditada pola Audiencia Nacional na que se estima o recurso presentado no seu día polo Concello de Ourense e pola cal as arcas municipais recibirán 1.435.265,66 euros, desde o Grupo municipal do BNG, o seu Portavoz Luís Seara sinala que “aledámonos de recuperar eses cartos máis o certo é que dunha primeira lectura da sentenza o que podemos concluir con claridade é que todo o procedemento, tanto con Jesús Vázquez como con Gonzalo Pérez Jácomez á fronte da Alcaldía, foi un auténtico despropósito”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Seara engade que “grazas, neste caso, á torpeza do Estado e ao seu desleixo, o Concello vai recuperar algo máis de 1,4 millóns de euros mais non debemos esquecer que o que non ímos recuperar vai ser a outra parte da subvención recibida no seu día e que escende á nada desdeñable cantidade de 2,3 millóns de euros”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O BNG empraza ao Goberno Local a que “ese 1,4 millóns de euros sirva para rematar a Praza de Abastos nº1 e permitir o retorno das praceiras e praceiros canto antes ao tempo que instamos ao Ministerio a que non recorra a sentenza e permita, polo tanto, que o Concello poida xestionar eses cartos e adicalos ao obxectivo para o cal foron concedidos”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------