A Garda Civil do Carballiño, no marco da Operación MANTIS-OU, detivo a dous veciños do municipio como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.
A operación iniciouse no pasado mes de febreiro do presente ano, coa detención dun veciño do Carballiño e a incautación de 18 pastillas de MDMA (éxtase), tres doses de cocaíña, catro de heroína e outras tres de cannabis.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
E tra-la realización de varias investigacións, a Garda Civil detivo esta semana a outro veciño do Carballiño, e, unha vez efectuado un rexistro domiciliario, os axentes incautaron 40 gramos de cocaína, dúas doses de heroína, 250 euros en efectivo, varios útiles para o envasado de droga, básculas de precisión e pastillas de metadona.
Dende a Garda Civil apuntan que, con esta operación, queda desarticulado un punto de venda de droga ao menudeo no centro do casco urbano da vila do Arenteiro.

















