A Casa Artesanía de Galicia, en Ribadavia, acolle mañá dous obradoiros de arranxos florais

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ata a Casa Artesanía de Galicia en Ribadavia, onde hoxe se está a desenvolver un obradoiro de marroquinería impartido pola artesá Antonina Kadyrova, con motivo dos Días Europeos da Artesanía. Mañá domingo haberá dous obradoiros de arranxos florais a cargo de Olueis, un en quenda de mañá e outro de tarde, para os que é preciso realizar unha inscrición previa na web da Fundación Artesanía de Galicia.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------